SERVIZOS

1.Transporte  escolar               

AUTOBÚS PULPO: Cruxeiras, Remedios, Nogueira, Asuntos Sociais, Almacén Tallada, Dean Grande (núcleo), Restaurante Fontao, Antoxo, Carolinas, Padín, Bayón vello, Conservatorio, Centenario, Viajes Ecuador, Rotonda Serea, Colexio.

AUTOBÚS LEO: Carreira, Cruce Aguiño, Castiñeiras, Ameixida, Touro 24 h., Touro Golfiño, Lonxa, Malecón (Bule-Vifer), Romero Ortiz-Rúa do Toxo-Queiro, Martín, Paramos, Rotonda Serea, Colexio.

O alumnado leva en cada vehículo un acompañante especializado nestas tarefas, obrigatorio segundo a normativa vixente.

A chegada do transporte ao Colexio un equipo do profesorado encárgase de colaborar na baixada do alumnado e encamiñalos aos respectivos patios . Á saída este mesmo equipo de profesorado encárgase de recoller polas aulas ao alumando de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria e de acompañalos aos seus respectivos autobuses.

2.Comedor

Conscientes das necesidades das familias do noso alumnado, dipoñemos de servizo complementario de comedor escolar, dirixido ao alumnado dos distintos niveis educativos que conforman o Centro e que funciona de setembro a xuño, de luns a venres.

A comida é servida por unha empresa de catering da zona especialista en restauración, acreditada cos permisos pertinentes para realizar dita actividade. Os menús son confeccionados mensualmente  e firmados por unha nutricionista, poñendo en valor a importancia dunha alimentación saudable e equilibrada adaptada á idade dos nenos e nenas.

O comedor é atendido por dous membros do persoal do centro debidamente cualificados  e supervisados diariamente polo persoal directivo do colexio. Na tarefa de axuda e control do alumnado que acode a este servizo tamén intervén un grupo de profesores e profesoras, que se turnan, diariamente.

3.Madrugadores

Sensibles aos problemas de conciliación que as familias de hoxe en día teñen, puxemos en marcha este servizo. Os nenos e nenas poden quedar no centro dende as 08:15 da mañá, onde estarán nun espazo  atendido por membro do profesoardo e  supervisado pola dirección do centro.

4.Actividades Extraescolares

No Colexio Bayón concedemos suma importancia ás actividades extraescolares, xa que contribúen non só ao enriquecemento intelectual do alumnado senón que ademais favorecen o desenvolvemento da autonomía persoal, das intelixencias múltiples, a resolución de conlitos, a adquisición de valores e normas, en definitiva, á formación integral do noso alumnado, fin útlimo do noso papel como axentes sociais.

EDUCACIÓN INFANTIL

  • STORIES & SONGS
  • MÚSICA E MOVEMENTO
  • ROBÓTICA EDUCATIVA
  • MINDFULNESS
  • PRE-TKD

EDUCACIÓN PRIMARIA

  • A HORTIÑA
  • BAILE
  • STORIES & SONGS
  • MULTIDEPORTE
  • PANDEIRETA
  • TEATRO
  • OFIMÁTICA
  • STEAM
  • FRANCÉS
  • XOGAMOS
  • POÑÉMONOS AO DÍA

EDUCACIÓN SECUNDARIA

  • ROBÓTICA
  • SPEAKING
  • OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS
  • OBRADOIRO AUDIOVISUAL
  • BAILE
  • CLUBE DE LECTURA
  • MULTIDEPORTE
  • OBRADOIROS ARTESANAIS “FEITO Á MAN”

SENDEIRISMO

Áínda que podemos concibir esta actividade como unha actividade extraescolar, merece un apartado especial na vida do noso cole, xa que as rutas de sendeirismo lévanse a cabo durante algúns días das fins de semana, ao longo do ano escolar dende hai moitísimos anos. Coa mochila ás costas, camiñamos xuntos por sendeiros espectaculares tanto da nosa contorna como do resto da terra galega.

Un lugar especial nos nosos corazóns ocúpao, sen lugar a dúbidas, o noso popular e mítico ANDATÓN, que da comezo, cada ano, o día previo ao das Letras Galegas.

Trátase de dúas xornadas cargadas de sensacións e emocións  para os mozos e mozas de Secundaria, que arrancan do cole,  unha ruta a pé, recorrendo diferentes parroquias do noso Concello. Logo de facer a primeira etapa voltan ao cole onde se duchan, cean e durmen todos xuntos, nunha xornada de convivencia. Á mañá seguinte, almorzan e saen a facer a segunda etapa deste percorrido. Todo, debidamente controlado por membros do Claustro e do Equipo Directivo do colexio.

A Romaxe é a celebración do día da nosa lingua e ten lugar, cada ano, o día previo ao dia das Letras Galegas, o 17 de maio.

Para conmemorar esta data desprazámonos camiñando dende o cole ata o parque periurbano de San Roque e no seu anfiteatro representamos, cantamos,  bailamos e recitamos pezas, da máis variada índole, da nosa lingua e da nosa cultura.

Logo, pasamos o resto da xornada lectiva gozando cos nosos compañeiros e compañeiras, mestres e mestras de  Infantil e Primaria .