FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2024/25

 

Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

  • As familias do alumnado de novo ingreso a 4º de Educación Infantil (3 anos) serán convocadas a unha reunión co equipo docente da etapa para o vindeiro martes 25 de xuño ás 11:00 hrs no centro (formalizarase matrícula na reunión. Necesario traer 3 fotos do alumno/a).
  • Só o alumnado de novo ingreso e o que continua estudos no centro en 1º de Educación Primaria confirmará a matrícula nesta etapa.
  • O resto do alumnado de infantil e primaria que continúen estudos no centro teñen garantida a praza automáticamente.

Educación secundaria obrigatoria: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Todo o alumnado da etapa realizará a matrícula a través do formulario do curso correspondente.