Dispoñemos de seis unidades de Educación Primaria, correspondentes aos seis cursos académicos de idades comprendidas entre os seis e os doce anos. As nosas instalacións interiores están formadas por seis aulas nas que se imparte a formación ordinaria de cada curso, os aseos e o salón de usos múltiples, este último utilizado tanto polo alumnado de Primaria como polo de Secundaria, pois é o lugar no que celebramos os diferentes eventos relacionados coa vida escolar . Cada aula conta con material dixital propio como ordenador, pantalla dixital, equipo de son e proxector.
Esta etapa educativa conta tamén con departamento propio e aula específica de Audición e Linguaxe e Apoio Educativo. Completan as áreas interiores, as instalacións situadas na parte inferior da edificación do centro: o ximnasio e a sala de materiais deportivos. Estas instalacións están dotadas igualmente de aseos, duchas e vestiarios. Nesta área inferior do edificio atópase tamén a clase de baile á que se accede directamente dende o exterior. O ximnasio é utilizado como aula de Educación Física e cando o tempo non permite usar os patios exteriores, habilítase como patio cuberto de recreo.
Material e libros de texto para o curso 2024/2025