O noso centro conta con tres unidades de Educación Infantil, que se corresponden co segundo ciclo desta primeira etapa educativa e que comprende dos tres aos seis anos de idade.
Dispoñemos de tres aulas con aseo propio ( 4º, 5º e 6º) dotadas con ordenador, pantalla dixital e proxector. Ditas instalación teñen entrada propia, xa que están nunha área independente ao resto das etapas educativas. O alumnado accede ao centro pola súa propia zona de lecer e de recreo externo, onde están instalados xogos axeitados ás súas idades.
Tamén contamos cunha aula de usos múltiples de educación infantil onde, ademais da parte académica se levan a cabo actividades formativas con carácter complementario e extraescolar.
MATERIAL E LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/2025