Solicitude de admisión para o próximo curso 2025/26
Do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos) estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2025/26. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) código de procedemento ED550B. Para aquelas persoas que o desexen estarán dispoñibles os impresos de solicitude no centro para a súa presentación presencial a partir da apertura do prazo, así coma nas seguintes ligazóns: Formulario de solicitude en galego Formulario de solicitude en castelán Para máis información acceda á lapela Secretaria Virtual/Admisión [...]