cbayon

About admin

This author has not yet filled in any details.
So far admin has created 14 blog entries.

Formalización de matrícula curso 2024/25.

By |2024-06-19T17:27:17+01:00Xuño 19th, 2024|Categories: Sen categoría|

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2024/25   Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño. As familias do alumnado de novo ingreso a 4º de Educación Infantil (3 anos) serán convocadas a unha reunión co equipo docente da etapa para o vindeiro martes 25 de xuño ás 11:00 hrs no centro (formalizarase matrícula na reunión. Necesario traer 3 fotos do alumno/a). Só o alumnado de novo ingreso e o que continua estudos no centro en 1º de Educación Primaria confirmará a matrícula nesta etapa. O resto do alumnado de infantil e primaria que continúen estudos no centro teñen garantida [...]

Becas Ministerio de Educación y Formación Profesional para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

By |2024-06-19T12:21:26+01:00Xuño 19th, 2024|Categories: Sen categoría|

BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 1.BENEFICIARIOS:        Alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de: DISCAPACIDADE TRASTORNOS GRAVES DE CONDUTA TRASTORNOS GRAVES DA COMUNICACIÓN E DA LINGUAXE TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO ALTAS CAPACIDADES  2. SOLICITUDES: As solicitudes cubriranse a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación, imprimir, asinar e presentala coa documentación pertinente no centro.  3.PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS: Do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024, ambos inclusive. 4.DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR: Certificado de Discapacidade (solicitante ou irmáns), se é o caso. Certificado médico [...]

Axudas á escolarización do Concello de Ribeira para o curso 2024/2025: comedor, libros e material escolar.

By |2024-06-14T12:31:15+01:00Xuño 14th, 2024|Categories: Sen categoría|

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE RIBEIRA PARA O CURSO 2024/2025: COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR  Estimadas familias, Dende o Concello de Ribeira comunícannos que xa está aberto o prazo para as solicitudes de axuda á escolarización do vindeiro curso escolar: comedor, libros e material escolar. É importante recordar que o prazo para solicitar estas axudas finaliza o 2 de xullo. Bases do procedemento. BOP (Boletín Oficial da provincia da Coruña) Impresos para descargar e presentar cumplimentados no Concello de Ribeira: 1)      Anexo I: SOLICITUDE DE AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR ESCOLAR PARA O ALUMNADO DO CONCELLO DE RIBEIRA. [...]

Fondo solidario de libros de texto. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar curso 2024/2025

By |2024-05-21T10:37:38+01:00Maio 21st, 2024|Categories: Sen categoría|

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25. Destinatarios: Fondo solidario de libros de texto: 3º e 4º EP*. Axudas para adquirir libros de texto: 1º, 2ºEP* e EE. Axudas para adquirir material escolar: EP, ESO e EE. *Os cursos incluídos no proxecto E-Dixgal no curso 2024/25 quedan excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Prazo presentación: do 21/05/24 ata o 21/06/24 Presentación: Electrónica: A través da aplicación Fondolibros e presentación na Sede Electrónica (necesaria Chave365, certificado dixital ou DNI electrónico). [...]

Publicadas listaxes definitivas de Admisión de Alumnado para o curso 2024/2025

By |2024-05-15T21:32:23+01:00Maio 15th, 2024|Categories: Sen categoría|

As listaxes poderanse consultar: - Presencialmente no interior do centro educativo. - A través da aplicación admisionalumnado (admisionalumnado) empregando a Chave365 ou o Certificado Electrónico Prazo para a formalización de matrícula: Educación Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño. Educación Secundaria Obrigatoria:  do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Solicitude de admisión para o próximo curso 2024/2025

By |2024-04-04T11:10:08+01:00Marzo 1st, 2024|Categories: Sen categoría|

Do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos) estará aberto o prazo de solicitudes de admisión  para o vindeiro curso 2024-2025. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado,  a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) código de procedemento ED550B. Para aquelas persoas que o desexen estarán dispoñibles os impresos de solicitude no centro para a súa presentación presencial a partir da apertura do prazo,  así coma nas seguintes ligazóns; Formulario de solicitude en galego Formulario de solicitude en castelán Para máis información acceda á lapela Secretaria Virtual/Admisión [...]

Solicitude de reserva de praza para o Bacharelato nos centros adscritos do próximo curso 2024-25

By |2024-02-26T08:44:36+01:00Xaneiro 15th, 2024|Categories: Sen categoría|

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro estará aberto o prazo de solicitudes de reserva de praza para o bacharelato do próximo curso 2024-2025. Dita solicitude de reserva supón a prioridade de continuación de estudos nos centros adscritos (no noso caso no IES nº 1 ou no IES Leliadoura). As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática AdmisiónAlumnado (https://edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) código de procedemento ED550A. Para aquelas persoas que o desexen tamén estarán dispoñibles os impresos de solicitude no centro para a presentación presencial [...]

Go to Top