PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025
NORMATIVA:
– Acordo do 11 de outubro de 2023 sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da Comunidade autónoma de Galicia.
INFORMACIÓN DE INTERESE:
1º) Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado no primeiro lugar.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
2º) O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará centro de adscrición que solicita.
3º) A solicitude de reserva ou admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.
4º) A admisión e matrícula nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado.
5º) Toda a información relativa ao procedemento de reserva e admisión do alumnado poderá ser consultada polas familias na aplicación Admisión Alumnado.
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO