SOLICITUDE DE ADMISIÓN ORDINARIA PARA O CURSO 2024/2025

PRAZO :

Do 1 ao 20 de marzo do 2024 (ambos incluídos).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Presentación electrónica: a través da aplicación informática admisionalumnado, para o que será necesario dispoñer dun certificado dixital ou Chave 365.

Presentación presencial: entregando o Modelo ED550B no centro no que está matriculado o alumno/a ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos pola normativa de aplicación.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR :

– Solicitude ED550B.

– Anexo II-bis.

– Copia do documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a.

– Se é o caso, Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

– No caso de opoñerse á consulta por parte das administracións púnlicas copia do DNI da persoa solicitante.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:

Antes do 25 de abril.

PRAZO DE ENTREGA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DO BAREMO:

Só no caso de recibir máis solicitudes que postos escolares ofertados procederase á baremación, para a cal os solicitantes deberán achegar nova documentación que se solicitará dende o centro.

Esta documentación será requirida no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

*CRITERIO COMPLEMENTARIO*: Pai/nai/titor legal do alumno/a para o que se solicita admisión, antigo alumno do centro.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:

Antes do 15 de maio.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

– Educación Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño.

– Educación Secundaria Obrigatoria: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

ENTREGA DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisiónalumnado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C.

Para aquelas persoas que desexen presentar as solicitudes de forma presencial tamén estarán dispoñibles os impresos de solicitude no centro a partir da apertura do prazo e tamén poderán descargalas en formato PDF nas seguintes ligazóns:

Formulario de solicitude en galego

Formulario de solicitude en castelán