Actividades Extraescolares

No Colexio Bayón concedemos suma importancia ás actividades extraescolares, xa que contribúen non só ao enriquecemento intelectual do alumnado senón que ademais favorecen o desenvolvemento da autonomía persoal, das intelixencias múltiples, a resolución de conlitos, a adquisición de valores e normas, en definitiva, á formación integral do noso alumnado, fin útlimo do noso papel como axentes sociais.

EDUCACIÓN INFANTIL

  • STORIES & SONGS
  • MÚSICA E MOVEMENTO
  • ROBÓTICA EDUCATIVA
  • MINDFULNESS
  • PRE-TKD

EDUCACIÓN PRIMARIA

  • A HORTIÑA
  • BAILE
  • STORIES & SONGS
  • MULTIDEPORTE
  • PANDEIRETA
  • TEATRO
  • OFIMÁTICA
  • STEAM
  • FRANCÉS
  • XOGAMOS
  • POÑÉMONOS AO DÍA

EDUCACIÓN SECUNDARIA

  • ROBÓTICA
  • SPEAKING
  • OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS
  • OBRADOIRO AUDIOVISUAL
  • BAILE
  • CLUBE DE LECTURA
  • MULTIDEPORTE
  • OBRADOIROS ARTESANAIS “FEITO Á MAN”

SENDEIRISMO

Áínda que podemos concibir esta actividade como unha actividade extraescolar, merece un apartado especial na vida do noso cole, xa que as rutas de sendeirismo lévanse a cabo durante algúns días das fins de semana, ao longo do ano escolar dende hai moitísimos anos. Coa mochila ás costas, camiñamos xuntos por sendeiros espectaculares tanto da nosa contorna como do resto da terra galega.

Un lugar especial nos nosos corazóns ocúpao, sen lugar a dúbidas, o noso popular e mítico ANDATÓN, que da comezo, cada ano, o día previo ao das Letras Galegas.

Trátase de dúas xornadas cargadas de sensacións e emocións  para os mozos e mozas de Secundaria, que arrancan do cole,  unha ruta a pé, recorrendo diferentes parroquias do noso Concello. Logo de facer a primeira etapa voltan ao cole onde se duchan, cean e durmen todos xuntos, nunha xornada de convivencia. Á mañá seguinte, almorzan e saen a facer a segunda etapa deste percorrido. Todo, debidamente controlado por membros do Claustro e do Equipo Directivo do colexio.

A Romaxe é a celebración do día da nosa lingua e ten lugar, cada ano, o día previo ao dia das Letras Galegas, o 17 de maio.

Para conmemorar esta data desprazámonos camiñando dende o cole ata o parque periurbano de San Roque e no seu anfiteatro representamos, cantamos,  bailamos e recitamos pezas, da máis variada índole, da nosa lingua e da nosa cultura.

Logo, pasamos o resto da xornada lectiva gozando cos nosos compañeiros e compañeiras, mestres e mestras de  Infantil e Primaria .