Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro estará aberto o prazo de solicitudes de reserva de praza para o bacharelato do próximo curso 2024-2025.

Dita solicitude de reserva supón a prioridade de continuación de estudos nos centros adscritos (no noso caso no IES nº 1 ou no IES Leliadoura).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática AdmisiónAlumnado (https://edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) código de procedemento ED550A.

Para aquelas persoas que o desexen tamén estarán dispoñibles os impresos de solicitude no centro para a presentación presencial a partir da apertura do prazo.

Descarga PDF: Descarga de formulario de solicitude en galego

Descarga PDF: Descarga de formulario de solicitude en castelán