Conscientes das necesidades das familias do noso alumnado, dipoñemos de servizo complementario de comedor escolar, dirixido ao alumnado dos distintos niveis educativos que conforman o Centro e que funciona de setembro a xuño, de luns a venres.
A comida é servida por unha empresa de catering da zona especialista en restauración, acreditada cos permisos pertinentes para realizar dita actividade. Os menús son confeccionados mensualmente e firmados por unha nutricionista, poñendo en valor a importancia dunha alimentación saudable e equilibrada adaptada á idade dos nenos e nenas.
O comedor é atendido por dous membros do persoal do centro debidamente cualificados e supervisados diariamente polo persoal directivo do colexio. Na tarefa de axuda e control do alumnado que acode a este servizo tamén intervén un grupo de profesores e profesoras, que se turnan, diariamente.